John Axiom + Aril Brikha + Russ - Musgo SON Estrella Galicia

  • JOHN AXIOM JOHN AXIOM é o aka do artista Jonatan Míguez, co que expresa a súa visión máis profunda da música de club. Influenciado polo son británico de finais dos 90's, comeza a desmarcarse cun son a camiño entre o techno máis profundo e o Deep House máis melódico. Isto chama a atención de artistas de primeiro nivel como Iñaqui Marín, quen realiza un remix dun dos seus primeiros singles (El Tornillo). Anos despois une forzas co tamén artista galego David Granha, editando música en diferentes selos como Natura Sonoris ou Aegyptia, recibindo soporte de artistas de primeiro nivel como Hernan Cattaneo ou Henry Saiz. Esta dupla pasearíase co seu LiveSet por clubs de todo o mundo, incluídas as míticas Bahrein en Buenos Aires ou Babys en Marsella, así como recoñecidas prazas estatais como Lanna Club, Siroco, Freshweekend ou Aquasella. Actualmente atópase inmerso en diferentes proxectos musicais na súa faceta como produtor, sen abandonar a noite en citas especiais. ARIL BRIKHA ARIL BRIKHA conquistou ao mundo xa en 1998 coa súa alma de techno profundo; o seu disco 'Groove La Chord' traspasou as fronteiras xenéricas. É techno? É house? É deep house? É todo e nada. 'Groove La Chord' é simplemente atemporal. Nacido en Irán con ascendencia asiria, Brikha emigrou con tres anos a Suecia. Pronto amosou o seu talento musical: con sete anos seu pai ensinoulle a tocar o teclado, e en pouco tempo aprendeu a tocar de ouvido. Na adolescencia interesouse pola electrónica, e empezou a aprender a utilizar un secuenciador, e a compoñer. Pouco despois xa recibía críticas exultantes que o vencellaban ao son de Detroit. O son de Aril progresou no histórico selo belga Music Man, logo no alemán Kompakt, que marca tendencia en el minimalismo, e finalmente, no selo alemán Poker Flat, Brikha volveu atopar un público máis amplo coa súa percusión plástica e eses sintes de sons máximos e produción minimalista. RUSS RUSS é o proxecto musical da DJ e produtora compostelá Marta Gilino. O seu primeiro traballo é ZZEN, publicado en setembro de 2022, froito dun momento de extrema complexidade emocional na súa vida. A música de RUSS atópase dentro da electrónica exploratoria, con sons escuros, máxicos e salvaxes. É unha mestura de club deconstruido, pero tamén de jungle, breakbeat e incluso ambient e noise, nun camiño paralelo ao zen. ________________________________________________ A entrada para este evento inclúe unha caña. ________________________________________________ * DESCONTO CARNÉ XOVE: Presenta na porta do evento o teu Carné Xove e recibe o reembolso do 15% da túa entrada * ________________________________________________ Coñece a programación completa de Musgo SON Estrella Galicia VENRES 1 DEC 2023 20h00 (Torgal) - INCURABLE (5 euros) 21h30 (Auriense) - ERROR 97 (5 euros) 23h00 (El Pueblo) - PÁLIDA + JUAIT + PARAUTAS (5 euros) SÁBADO 2 DEC 2023 13h00 (MUR Marxinal) - DALSI *Artista Carné Xove* (gratis ata completar aforo) 14h00 (MUR Marxinal) - PAKI DJ (gratis ata completar aforo) 19h30 (Torgal) - SHANGHAI BABY (5 euros) 21h30 (Auriense) - SFISTIKATED (5 euros) 00h00 (Wanda Night Club) - JOHN AXIOM + ARIL BRIKHA + RUSSINHA (10 euros. Caña incluida)
    ̸

    メディア

  • John Axiom + Aril Brikha + Russ - Musgo SON Estrella Galicia - フライヤー表
    John Axiom + Aril Brikha + Russ - Musgo SON Estrella Galicia - フライヤー裏
RA